Venres. 26.04.2024
El tiempo

5,5 millóns de cupóns levarán a imaxe do Ano Xubilar Mariano

Cupon da ONCE Ano Xubilar Xacobeo Cee-Foto-Rafa Quintans
Imaxe da presentación: Foto-Rafa Quintáns
5,5 millóns de cupóns levarán a imaxe do Ano Xubilar Mariano

Xa está dispoñible o Cupón Conmemorativo do Ano Xubilar Mariano da Nosa Señora da Xunqueira de Cee, que se presentou a pasada mañá na Parroquia. Así, 5,5 millóns de cupóns do vindeiro 3 de setembro levarán a composición ceense, realizada por Foto Fuentes.

A ONCE lembra así que neste 2022 se cumpren 475 anos da primeira mención documental de ‘Santa María de Xunqueira’ (Visita Eclesiástica de 1547). E repasa a lenda desta celebración que rematará o 1 de maio de 2023 coa Coroación Canónica:
Segundo a lenda, un barco estranxeiro no medio dun temporal buscou o abrigo na ría e que pasado o mismo, os seus mariñeiros comprobaron como había “algo” que retiña á súa embarcación impedíndolles continuar a súa viaxe. Decidiron deixar na ‘xunqueira’ unha imaxe dunha Virxe co Neno que recollerían uns pescadores e que pasaría a chamarse Virxe da Junquera.
Na Guerra da Independencia pérdese a imaxe orixinal e destrúese a igrexa. No ano 1812 realízase en Santiago unha nova talla da Virxe da Junquera, que é a que se venera actualmente.

Comentarios