sábado. 07.12.2024
El tiempo

A AECC de Cee celebra este sábado un novo Festival Solidario

Cartel IV Festival AECC en Cee copia
A AECC de Cee celebra este sábado un novo Festival Solidario

O vindeiro sábado 23 de novembro, ás 20:00 horas, A Xunta Local de Cee da Asociación Española Contra o Cancro organiza o IV Festival Solidario contra o cancro no auditorio da Casa de Cultura de Cee.

Este evento busca recadar fondos para a investigación e a prevención do cancro, así como apoiar ás persoas afectadas e as súas familias. Contaremos coa participación de varios grupos de música e baile locais.

Co prezo da entrada, incluirase o sorteo de produtos doados por comercios e empresas locais. O prezo da entrada é de 6 euros (menores de 12 anos entrada gratuíta).

Comentarios