A Andaina saudable uníu os paseos de Cee e Corcubión
O pasado San Xoán foi un día completo, e un bo día para comezar un san costume: o de andar. I é que tivo lugar a I Andaina Saudable, na que participaron unhas 200 persoas das vilas de Cee e Corcubión, entre as que se atopaban a Concelleira de Cultura, Educación e Deportes, Mª. José Fandiño, e a Alcaldesa ceense, Zaira Rodriguez.
As dúas vilas ficaron unidas, por un día, por un paseo imaxinario, e máis que necesario.
De feito, a Andaina Saudable, que como ben indica o nome, non foi é que máis que unha quedada para andar en conxunto para fomentar os hábitos de exercicio físico e loitar contra o sedentarismo. Unha andaina, patrocinada por Vegalsa Eroski, que chega trala adhesión do Concello de Cee ao Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia.
O Circuíto Vita do Paseo do Alcalde Pepe Sánchez de Cee foi o punto de saída. O percorrido transcorreu polos paseos marítimos de Cee e Corcubión ata percorrer uns 6,5 quilómetros. Todos, coma sempre, escoltados por Protección Civil de Cee e a Policia Local de Cee.
Novas relacionadas
- I Andaina Saudable: Un bo xeito de iniciar o costume de camiñar.
- 2010: O futuro paseo entre Corcubión e Cee .
- 2008: Por un carril bici que una Cee e Corcubión.
- Cee presenta o seu programa deportivo de cara ao verán.
- Corcubión, Cee e Dumbría abren as Escolas e Actividades de Verán.
Máis novas
- Vertebrando a Costa a pé.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
- Geochacing: En busca do tesouro agochado.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).