Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vertebrando a Costa a pé

Vertebrando a Costa a pé

Tremendamente produtivas son estas rutas de sendeirismo pola Costa da Morte. Natureza, patrimonio, historia, cultura, tradición, disxuntivas de desenvolvemento, arqueoloxía... e ata geocaching, unha afección que crece a bisbarra e que coñeceremos nos vindeiros días. Así, unha completa batería de temas saen á luz nesta clase de sesións a pé.
I é que este pasado sábado 26 de maio, eran medio cento de persoas as que participaron na andaina que os concellos de Vimianzo e Camariñas organizaron dende a vila palilleira ata o Monte da Vela.
Unha ruta que visitaba enclaves an senlleiros como o Castelo do Soberando, Capela do Virxe do Monte, o Cabo Vilán, as praias do Reira ou o propio Monte da vela.

Punto a punto

Comezou o día con ameaza seria de choiva, pero aínda así medio cento de sendeiristas déronse cita ás 10:30 na praza do concello de Camariñas para iniciar a andaina facendo parada técnica en cada punto de interesa. Sen saír da vila do encaixe o grupo xa fixo dúas paradas para que Pablo Sanmartín, e o Roxo, axente forestal que coñece a Costa de arriba abaixo, nos explicasen que nunha das casas que hai preto do porto se atopa un antigo barómetro doado pola armada inglesa ó pobo de Camariñas como agradecemento ás labores de auxilio que os veciños prestaron no afundimento do Serpent. Dito barómetro aínda funciona hoxe en día, pero nada se sabe nada dos outros dous agasallos que os ingleses fixeron; unha escopeta que lle regalaron ó cura e un valioso reloxo.

A segunda parada serviu para explicar os restos que quedan do antigo Castelo do Soberano que foi unha antiga fortificación que servía para vixilancia e protección da vila de posibles ataques producidos por mar. Cun pouco máis de información os sendeiristas continuaron a andaina pola costa en dirección á capela da Virxe do Monte con seria ameaza de tormenta que afortunadamente apenas nos deixou unha pequena molladura. Xa na capela os sendeiristas puideron gozar dunha fermosa vista do pobo de Muxía co santuario da Virxe da Barca xusto enfronte do punto onde nos atopábamos.

Tras recuperar un pouco os folgos mentres atendiamos as explicacións de Pablo sobre a construción da capela, continuamos o traxecto en dirección ó faro de Cabo Vilán e dende aí á praia de Reira, onde fixeron unha parada para repoñer forzas cuns bos bocadillos.

Despois de encher o depósito afrontamos a subida ó alto das Seixas dende onde puidemos gozar das fermosas vistas da ría de Camariñas e o seu entorno. De redor das 16:00 horas o grupo de camiñantes volvía a entrar na vila pola estrada do faro para rematar a andaina no punto onde se empezara.

Vindera ruta

Que ben traída a nova columna de Lorena Martínez Canosa en A Costa en verde. A Firma QPC baiesa lembra que na Costa temos moitas fermosas paisaxes, pero só unha protexida: a dos Penedos de Traba e Pasarela.
Serán precisamente os penedos os protagonistas desta terceira andaina da programación para este próximo sábado 2 de xuño. Serán 22 quilómetros nos que teredes a oportunidade de visitar o Pazo de Trasariz e a súa fermosa capela. Outro punto forte da ruta será a visita ós Penedos de Pasarela, onde os camiñantes poderán observar de preto algunhas das rochas máis curiosas e fermosas da comarca, ademais de gozar dun espazo co cartel de paisaxe protexido pola Xunta de Galicia. A parte final do traxecto discorrerá pola costa, entre as localidades de Traba, Soesto e Laxe.

Unha ruta moi interesante e bonita que todos aqueles interesados en facela deberán inscribirse antes do venres chamando ó 981716001; por email, [email protected]; ou na web www.vimianzo.es.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios