A camada do alpendre busca fogar a través dun Salvacadelos que segue traendo historias bonitas

A verdade é que polo de agora están a gusto. Acurrucados nun alpendre de Leis, en Muxía, esta camada de 7 canciños amorosos segue pendente da súa cariñosa e boa mamá.

Unha familia da zona tenos controlados e quere atoparlle familia para que todos os pequechos atopen fogar. E así Lucía se puña en contacto con Salvacadelos, a iniciativa solidaria entre QPC e a Clínica Veterinaria Argos de Cee para que ningún animal quede orfo na Costa da Morte.

Se queres acoller unha destas monadas, pregunta na Clínica Veterinaria Argos de Cee.

Historias Bonita

E segue dando historias Salvacadelos para un libro. Nas últimas semanas foron varias as familias formadas, e varias verdaderamente auténticas. Como Risitas, que hoxe xa vive en Aspadex, unha gran fammilia.

Outro que está contento é este branquiño, que se perdera por Muros e ás rúas Muros volveu coa súa nova familia e xa pasea encantado da vida.

A resposta que teñen todas estas que notamos a través do Facebook de Salvacadelos é impresionante e sempre nos axuda a conseguir formar máis e máis familias e que cada vez sexan menos e menos os cans sen familia.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).