Salvando unha Salvadora


Hoxe en Salvacadelos temos un monográfico. I é que todos estes animais viven con unha santa muller. Cristina Sánchez, á que xa temos visto cun fantástico carrito para que os seus animais a axuden ca compra, non pode sorportar a crueldade cos animais, e recolle cans e gatos abandoados e os cuida (vacuna, adiestra, castra...) cos seus cartos. Pero a súa casa ten que abrir paso a novos inquilinos polo que hoxe busca familia para unha cadela e varios gatiños.
A cadela chámase Onda, e é unha preciosa grifona vendeana duns 3 aniños. Cando está en casa, soamente quere o seu rinconcito tranquilo, parece que non hai cadela, pero no monte encántalle correr e buscar "bichos". É moi obediente e boa cos demais cans e cos gatos. Está esterilizada e vacunada.
Ademais, ten varios gatiños que buscan familia, e a ver se aparece alguén que namora destas marabillas, cada un con cadansúa personalidade. Aí están os Zipi e Zape, ou Velcro e Velcrita, que buscan un novo fogar.
Sen máis, esperamos poder seguir creando familias ao tempo que agradecemos e loubamos o traballo desta gran muller, unha das Salvadoras máis incansables.
Máis Salvadoras
Aquí traemos a María, outra salvadora feliz e contenta cos seus dous novos e pequenos amigos.

Máis información de Salvacadelos
Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:- Salvacadelos.com.
- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
Novas relacionadas
- Aquí non se tira nada: Carrito para cans.
- Hippy axuda aos peques da Gardería de Cee a perderlle o medo aos cans.
- Amor a primeira vista en Salvacadelos.
- A Clínica Veterinaria Argos xa ten páxina web by Empresasdacosta.
- A gran loita de Cid en Salvacadelos.
- Araceli e Inés, unhas verdadeiras Salvadoras dende Bergantiños.
- Nemo volve a Fisterra coas súas Salvadoras.
Fonte
- Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).