Amor a primeira vista en Salvacadelos

20:00 03/05/13

Xa botabamos de menos as historias bonitas de Salvacadelos, e non será porque non existan, que cada semana a Clínica Veterinaria Argos de Cee, responsable desta iniciativa solidaria con QPC, forma ducias e ducias de familias.
Hoxe falamos deste par de salvadores de Louro, Juan e Begoña. Estes muradáns adoptaron a Café trala morte do seu vello compañeiro, Trasto. Aínda que nunca van esquecer a Trasto, a alegría de Café axudounos a levar mellor o disgusto.
O mellor tempo

E temos que facer aquí fincapé dun exemplo de solidariedade da comunidade Salvacadelos a través do Facebook. Subíamos a imaxe destes cachorros e en apenas horas, e con máis de 200 compartidos, xa lle atoparamos casa aos 5 pequenos.
Moitísimas gracias!!
Máis información de Salvacadelos
Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:- Salvacadelos.com.
- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
Novas relacionadas
- A Clínica Veterinaria Argos xa ten páxina web by Empresasdacosta.
- A gran loita de Cid en Salvacadelos.
- Araceli e Inés, unhas verdadeiras Salvadoras dende Bergantiños.
- Nemo volve a Fisterra coas súas Salvadoras.
Fonte
- Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).