A casa da Cultura de Cee acolle unha charla informativa sobre subvencións
08:06 10/07/18
A casa da Cultura de Cee acolle este xoves, 12 de xullo, ás 20:00 horas unha charla informativa sobre as subvencións da Deputación organizada pola agrupación provincial do PSdeG-PSOE. Na charla intervirán a voceira socialista en Cee, Margot Lamela Louzán, e Jessica Lago, técnica da Deputación da Coruña.
A iniciativa está dirixida principalmente ás asociacións e clubes que traballan no eido da cultura e o deporte, os servizos sociais, asociacións de nais e pais, e asociacións veciñais, así como a outros colectivos que poden optar ás subvencións. Durante a charla, recibirán información específica de cada unha das convocatorias vixentes. A representante da Deputación da Coruña dará resposta a todas as dúbidas que teñan con respecto ás subvencións, prazos ou requisitos.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- PSdeG-PSOE