A CIG non asistirá á reunión convocada por Ferroatlántica por considerar que busca lexitimar a vendas das centrais
21:14 04/04/17
A dirección de Ferroatlántica convocou unha xuntanza este xoves en Madrid co comité de empresa e coas centrais sindicais
A CIG non asistirá a xuntanza convocada pola dirección de Ferroatlántica para este xoves en Madrid á que están chamadas os comités empresariais e as centrais sindicais. Alegan que non asistirán, tal e como o comunicou previamente, debido a que non se produciu ningunha mudanza na cuestión de fondo. "A empresa segue sostendo o seu ilegal plan industrial sobre a base da venda das centrais hidroeléctricas e a segregación das actividades", din dende a CIG.
Para a CIG esta convocatoria é unha estratexia de Ferroatlántica coa que tenta buscar o apoio da representación social e lexitimar así o seu "ilegal proxecto", aparentando agora abrir a negociación dun acordo marco "para o desenvolvemento dun plan futuro de inversións e emprego nas empresas do grupo".
"Mediante esa mesa, Ferroatlántica usurpa o único marco válido de discusión e decisión sobre os temas que atinxen ás concesións hidroeléctricas - as fábricas galegas da Costa da Morte - e busca substituír a ausencia nesas reunións dos auténticos protagonistas da negociación: o Comité de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas", sinalan dende a central sindical. Asimismo, cren que a empresa considera insuficientes os acordos asinados cos comités dos distintos centros de traballo e por iso agora pretende acadar un pacto semellante "pero simulando un marco negociador en Madrid no que inclúe ás fábricas de Hidro Nito, FerroSolar e mesmo as minas de cuarzo, ocultando así o feito de que o Comité Cee-Dumbría non está presente".
Acordo ilegal
Ante esta situación, a CIG di que non vai participar "nesa artimaña" xa que teñen claro que o obxectivo desas reunións "é lexitimar coa representación social un acordo ilegal co que presionar a Xunta de Galiza para que modifique o interese público". "A CIG non será cómplice dun acordo que sabemos que é negativo para a comarca, todavez que a empresa xa ten un plan definido e pactado no que segue baseando as inversións e os proxectos industriais na venda das centrais hidroeléctricas", din dende o sindicato.
Ao contrario,"a CIG fai súa a postura do Comité, así como recollemos e defendemos o clamor da comarca da Costa da Morte, que o pasado 10 de marzo saíu masivamente á rúa para rexeitar calquera tentativa de venda, consciente de que a única garantía de salvagardar o interese público e o emprego é manter vinculadas ambas actividades".
Neste sentido, denuncian que tanto Ferroatlántica como a Xunta de Galicia - "quen co seu silencio continúa a dar azos á empresa", din os da CIG - están facendo caso omiso deste clamor cidadá. "E non podemos menos que lamentar que haxa organizacións sindicais que se presten a colaborar coa empresa nesta artimaña. Por iso, esixímoslle que respecten o sentir da Costa da Morte, manifestado o pasado 10 de marzo", din dende a CIG.
Unha vez máis, a CIG pídelle á empresa que respecte este clamor, desista dunha vez de calquera futuro asentado na venda das centrais hidroeléctricas, e aposte por construír unhas novas e sólidas bases de entendemento de acordo aos desexos que teñen os cadros de persoal de Cee e Dumbría e, por extensión, á Costa da Morte.
"Cada día que pasa, as actuacións e decisións de Ferroatlántica neste intenso e esgotador empeño por vender as centrais hidroeléctricas, reafirman a necesidade de manter e reforzar as posturas discrepantes contra destas intencións. Neste sentido, a dubidosa credibilidade desta empresa pódese exemplificar con tres feitos: o incumprimento de calquera inversión e modernización nas fábricas - nin tan sequera se construíu o formo 23 en Dumbría -; as verdadeiras consecuencias que supón a fusión con Globe; e o incumprimento das inversións anunciadas en setembro de 2016 en FerroSolar" din dende a CIG.
Artigos relacionados
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 28-03-17: O Comité de Empresa de Ferroatlántica ve nas ameazas do presidente a “desesperación” da venta das centrais
- 24-03-17: O Comité de Ferroatlántica só falará coa Dirección cando renuncie á venda das centrais
- 17-03-17: O BNG pide que o goberno galego non acepte as “chantaxes” de Ferroatlántica.
- 14-03-17: O Comité de Ferroatlántica agradece o apoio social e asegura estar disposto a chegar ás últimas consecuencias
- 11-03-17: Demostración masiva de compromiso por Ferroatlántica.
- 10-03-17: Día de folga e manifestación por Ferroatlántica.
- 08-03-17: Un informe xurídico elaborado pola UDC avala que as actividades de Ferroatlántica non se poden segregar.
- 07-03-17: O comité de empresa recurre os servizos mínimos impostos por Ferroatlántica para a folga.
- 06-03-17: Os traballadores de Ferroatlántica chaman á cidadanía na semana da manifestación e da folga.
- 22-02-17: O caso Ferroatlántica volve ao pleno do Parlamento.
- 21-02-17: Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía
- 20-02-17: O Comité de Ferroatlántica avisa a Brookfield mentres Larrea segue presionando a través da prensa
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica.
- 15-02-17: O PSdeG presenta no Parlamento unha proposta non de lei para frear a venda de Ferroatlántica
- 14-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica non cren á Dirección e anuncian a folga
- 13-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica decidirán esta semana se van á folga.
- 10-02-17: O PSdG esixe á Xunta “transparencia e legalidade” no caso Ferroatlántica.
- 09-02-17: O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca.
- 09-02-17: O BNG estuda solicitar a intervención da Fiscalía ante a venda anunciada das centrais do Xallas.
- 07-02-17: O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
- 06-02-17: “Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
- 02-02-17: Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas.
- 30-01-2017: A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos.
- 26-01-17: O Comité de Ferroatlántica avisa aos alcaldes que non se fíen da prensa.
- 16-01-17: Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o “non á venda das centrais”.
- 12-01-17: O Comité de Ferroatlántica retoma as mobilizacións.
- 19-12-16: O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
- 23-12-16: Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa.
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])
- CIG