venres. 20.06.2025
El tiempo

O BNG de Cee levará a pleno a problemática coas farmacias de garda da zona

Farmacia en Cee
Unha farmacia de Cee
O BNG de Cee levará a pleno a problemática coas farmacias de garda da zona

Desde comezo do ano 2024, a realidade das gardas nas farmacias do entorno do hospital comarcal e do PAC de Cee sufríu un cambio. Ata ese momento as gardas repartíanse entre as farmacias de Cee e Corcubión, sendo esta unha situación lóxica por proximidade e operatividade das usuarias e usuarios. 

A finais do 23, prodúcese un cambio perxudicial para a cidadanía, pois incorpóranse a esas gardas as farmacias do Ézaro, Dumbría, A Anchoa e máis tarde ata a do Pindo. Esta situación supón un claro agravio para a poboación dependente dos servizos sanitarios do noso concello, e por ende, de toda a comarca. Así o entende o BNG de Cee, que  levará a pleno unha iniciativa na que se inste a consellería de sanidade a vovler a situación anterior e revoque a decisión tomada a finas do 2023.

O grupo pon o exemplo dunha persoa que ven desde Muxía ao hospital por unha urxencia. Logo de pasar unhas horas nel, e tras ser atendida, ten que desprazarse ao Pindo a recoller os medicamentos receitados. Toda esta operación supón, ademais da perda de tempo en desprazarse e a estancia no centro hospitalario, un desembolso económico importante, mais si este se ten que facer en taxis. 

“Unha persoa non pode ter que facer mais de 60 quilómetros enferma ou acompañando aos seus maiores ou nenos, para poder ser atendida, recoller os medicamentos e volver a casa, cando non ter que pagar 100 euros en transporte,  é pouco menos que inhumano”,  declarou Serxio Domínguez Louro, portavoz do Bng de Cee.   
 

Máis novas

Comentarios