A Costa continúa compartindo vida

10:00 10/02/11

Este mércores 9 de febreiro a Unidade Móbil do Servizo de Transfusión de Sangue de Galicia pasou por Fisterra. Foron moitos os veciños que compartiron o seu sangue, que compartiron a súa vida.
Porque cómpre non esquecer que mási de 500 persoas dependen cada día das nosas doazóns.
Vindeiras visitas á Costa
Ademais, o bus da doazón estará na tarde do venres en Muxía, diante da Lonxa. Poden acodir en horario de 17:00h a 21:00h con máis de 2 horas de repouso tralo xantar.
Os últimos venres de mes en Cee
E non olviden que todos os últimos venres de mes, o bus da doazón aparca en Cee, diante do Centro de Saúde, de 17:00h a 21:00h. Este mes toca o día 25 de febreiro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos de Xusto Gómez.