Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A Deputación comprométese a estudar a posibilidade de colaborar na reapertura da piscina de Cee

A Deputación comprométese a estudar a posibilidade de colaborar na reapertura da piscina de Cee
Piscina Municipal de Cee

Xa van 475 días pechada. 475 nos que a veciñanza da comarca de Fisterra non pode disfrutar dunha infraestrutura como é a piscina municipal. E despois de quedar deserto o concurso, parece que a cousa vaise polo menos ata 2018.

En todo caso, esta fin de semana trouxo boas novas a voceira socialista de Cee, Margot Lamela, que tras reunirse co Presidente da Deputación, Valentín González Formoso, conseguiu un compromiso por parte da entidade provincial.
González Formoso anunciou nesa reunión o seu compromiso a estudar a posibilidade de colaboración co concello de Cee para a súa reparación e posta en funcionamento, dada as súas especiais características: presta un servizo comarcal, está próxima ó Hospital (co que se podería facer uso terapéutico) e que diversos colectivos como Aspadex ou Apem necesitan dos seus servizos. Ademais, a construción das instalacións da piscina inicialmente foron unha realidade gracias ás aportacións da Deputación da Coruña.

Margot Lamela anunciou este compromiso na última comisión sobre a piscina do concello de Cee, celebrado esta semana, na que tamén se aprobou a proposta da voceira socialista, a realización do estudo e proxecto sobre as reformas necesarias para acondicionar e dar servicio á piscina municipal. Un asunto fundamental o feito de ir levando a cabo as obras de reparación necesarias para a súa posta a punto, segundo Lamela, para que as empresas teñan confianza á hora de presentarse ao concurso.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios