A escola de música de Cee celebra o seu festival
08:05 04/04/17
Hoxe, ás 19:30 horas, terá lugar no auditorio da casa da Cultura de Cee o 2º festival do presente curso académico que ofrecen os alumnos e alumnas da Escola de Música de Cee.
Participarán alumnos de todas as idades e especialidades instrumentais, tocando tanto solos co seu instrumento como formando parte dalgún grupo instrumental.
Por outra banda, Sara Fraga Díaz - alumna de violín desta escola de música - foi seleccionada xunto con outros instrumentistas do territorio nacional e do portugués para participar coa Xoven Orquesta de Galicia no encontro que esta formación orquestral realizará na Coruña entre os días 8 e 16 de abril e que se cerrará o domingo, día 16, cun concerto no Palacio da Ópera da Coruña, interpretando obras de J. Brahms, D. Shostakovich e R. Strauss.
Novas relacionadas
- Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música de Cee
- A clausura da Escola de Música de Cee en imaxes
- Cheo para ver ao alumnado da Escola de Música de Cee
- A escola de música de Cee presenta a súa canción para o concurso “Quero Cantar”
- A natación e a música tamén chegan ás escolas de Cee
- A Escola de Música de Cee estreou escenario na súa nova casa.
- A natación tamén chega aos programas lectivos dos centros de ensino de Cee.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Escola de Música de Cee