A Escola Itinerante forma ao hostaleiros na atención ao peregrino


Chega á Costa da Morte a Escola Itinerante de Turismo de Galicia. E faino con dous cursos no marcado Plan de Formación no Camiño de Santiago. Dous cursos dirixidos a recepcionistas, propietarios e traballadores de albergues e aloxamentos do Camiño. Dous cursos que teñen como obxectivo acadar unha correcta orientación ao peregrino, coñecer as súas necesidades e tentar cumprir as súas expectativas.
Os cursos, gratuitos, desenvolveranse en Cee o vindeiro 24 de maio. Se ben segundo explica a directiva de APTCM, se hai máis solicitudes doutros puntos da bisbarra poderíase realizar en lugares como Mazaricos, Lires ou Vimianzo. Dende a directiva animan a todos os hostaleiros a participar p “porque son cursos moi interesantes onde podes coñecer compañeiros de hostelería do Camiño, poñer sobre a mesa dudas, problemas e inquietudes, e sempre se pode aprender algo”.
Inscrición
Podedes anotarvos cubrindo este Documento para o Curso de ATENCIÓN, INFORMACIÓN E SERVIZO AO PEREGRINO EN ALOXAMIENTOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO. Ou este Documento para o de XESTIÓN DO DEPARTAMENTO DE RECEPCIÓN EN ALOXAMENTOS DO CAMIÑO.
Tamén pode inscribirse en formacioncontinua@cshg.es ou chamando ao 981 542 592.
Novas relacionadas
- Febreiro 2016: A Deputación aporta os fondos para a xerencia da CMAT.
- Outubro 2015: A Escola de Turismo Itinerante achégase á Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).