Sábado. 24.08.2019
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco convoca a 8ª edición dos seus Premios Académicos

A Fundación Fernando Blanco convoca a 8ª edición dos seus Premios Académicos
Premios da Fundacion Fernando Blanco A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a octava edición dos Premios Académicos Fernando Blanco, correspondentes ao Curso 2018-2019. Esta iniciativa, xurdida no Curso 2011-2012, naceu cun dobre obxectivo: por un lado recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e resultado do alumnado do centenario instituto ceense, e, por outro, recuperar una tradición histórica da entidade, posto que xa no regulamento de 1886, recollíase a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso. Ao igual que en edicións pasadas, ditos Premios teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1o de F.P. Básica; 3o da E.S.O; 1o Bacharelato; 1o de Ciclo Medio e 1o de Ciclo Superior). Cada un dos Premios está valorada en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra a consumir en algún dos establecementos colaboradores). Os/As alumnos/as que opten a estes Premios deberán ter todas as materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5. A cerimonia de entrega dos Premios, celebrarase nun día aínda por determinar do mes de outubro de 2019 no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco. Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contarán coa colaboración de varias entidades e establecementos que, ano a ano, son fieis á súa cita con estes Premios Académicos. En concreto estes establecementos colaboradores son Estación de Servizo Bazarra, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Centro Comercial Finis Terrae, O Semáforo de Fisterra, Roberto G. Rigaut (Mapfre), Seguros Costa da Morte, CompuCee, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria.

Máis información

As bases completas que rexerán a concesión dos Premios Académicos Fernando Blanco Curso 2018 – 20198 atópanse na web www.museofernandoblanco.org.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-5-mellores-expedientes-dos-ies-fernando-blanco-premiados-polo-eterno-mecenas/ https://quepasanacosta.gal/exalumns-comparten-as-suas-experiencias-alen-do-fernando-blanco/ https://quepasanacosta.gal/1-110-alumns-e-500-maiores-gozaron-do-completo-programa-do-mes-da-fundacion-fernando-blanco/

Comentarios