Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A loita polo Castelo do Príncipe continúa na rede

A loita polo Castelo do Príncipe continúa na rede
Castelo do Principe de Ameixenda-Cee Publico Xa Cartaz pola apertura do Castelo do Príncipe Carteis case electorais polo Castelo do Principe Publico Xa Xa hai carteis tipo electorais por Cee apoiando a "nacionalización" do Castelo do Príncipe

En apenas un mes a Campaña aberta en Change.org para pedir que o Castelo do Príncipe sexa público xa alncanzou a cifra das de 300 sinaturas.

Un asunto recurrente este da apertura do Castelo de Ameixenda, que xa volvía a traer ao debate público en 2013.

Este ano é un veciño da zona, Pablo Álvarez Caamaño, o que alza a voz e pide que esta fortaleza erguida durante o reinado de Carlos III no século XVIII se convirta nun Ben Público. “Unha reliquia construida sobre un pedregal xunta ao mar que tiña como obxetivo defender a ría de Corcubión de ataques enimigos. A obra de arte foi proxectada polo enxeñeiro Llovet e rematada por Carlos Lemaur”, describe Pablo.

Agora, despois de moitos anos nos que se incumpre a lei impedindo abrir o Ben de Interese Cultural (BIC) ao público (é obrigatorio abrilo un mínimo de 4 días ao mes), o actual dono puxo á venda o Castelo, e os asinantes solicitan que a Xunta merque o castelo para se poida visitar.

Os interesados en apoiar esta inciativa pode facelo no seguinte enlace.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios