Martes. 30.04.2024
El tiempo

A mocidade de Cee disfruta dos museos e da música

A mocidade de Cee disfruta dos museos e da música

Non é unha broma. Si, si, os rapaces de Cee disfrutaron esta pasada semana con dúas actividades culturais como a música e os museos. I é que non só de coches ou fútbol viven os cativos ceenses.

Unha de música

E aquí vemos á minibanda creada recentemente na Escola de Música de Cee e que se estreaba tocando por primeira vez no festival da Escola de Música que se celebrou o martes 12 de abril no salón de actos do Concello de Cee.
Ademais da actuación da minibanda, tamén houbo participación de outros grupos e solistas instrumentais da Escola de Música. En total houbo 27 actuacións dirixidas por Fernando Fraga.

Visitando o museo

E xa vimos pasar polo Museo Fernando Blanco a unha clase de 4º do Manuela Rial, e agora ollamos como outros compañeiros coñeceron de preto o museo. Foron o pasado venres, e desta volta foron 16 alumnos/as, e viñeron acompañados polo seu mestre de Historia Salvador Mosteyrín, sendo recibidos polo coordinador do Museo, Darío Areas.

Recibiron unha completa visita guiada onde coñeceron a vida do fundador do Instituto e da Escola das Nenas da vila da Xunqueira, onde se acercaron ó Cee de finais do século XIX, e onde tamén poideron ver as pezas que conformaban o rico patrimonio que atesoura a Fundación e que eran empregadas, á maioría delas, como material didáctico das clases que ó longo de tantos anos se impartiron no vello instituto.
Como remate visitaron o xardín botánico e mailas entrañas do edificio (capela, sala de profesores, etc), poñendo fin así, a unha tarde que lles permitiu coñecer, un poquiño máis, un anaco importante da historia de Cee.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios