Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os alumnos de Cee seguen descubrindo o Museo Fernando Blanco

Os alumnos de Cee seguen descubrindo o Museo Fernando Blanco

Cantos cativos de Cee e arredores non coñecen o Museo? Seguro que moitos, pero pouco a pouco van tendo a oportunidade de visitalo, como facían os alumnos de 1º da ESO do Agra Raíces o pasado mes de febreiro. Desta volta tocoulles aos de 4º da ESO do Manuela Rial Mouzo de Cee, que na soleada tarde do venres 8 de abril, visitaron o Museo Fernando Blanco de Lema de Cee.

Foron un total de 17 alumnos acompañados polo mestre Salvador Mosteyrín e por Darío Areas, coordinador do Museo. Xa que o tempo acompañaba, e de que xeito, ademáis de visitar o Museo e coñecer o legado educativo da institución benéfico docente, poideron acercarse ó vello instituto, onde ademáis de percorrer o fermoso xardín botánico, entraron no interior do edificio para coñecer, entre outras, estancias como a sala de profesores ou a capela na que repousan os restos do fundador do centro educativo.

Máis visitas

Nos vindeiros días están previstas novas visitas ó Museo por parte dun novo grupo do Colexio Manuel Rial Mouzo, do Colexio Eugenio López, e das Escolas de Brens, Ameixenda e Pereiriña.

Cómpre lembrar que para concertar visitas guiadas o Museo deben chamar ó número de teléfono: 981.74.72.21

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Museo Fernando Blanco da man de Darío Areas.

Comentarios