Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A oposición pide explicacións sobre a concesión da cociña e a cafetería do HVdX

A oposición pide explicacións sobre a concesión da cociña e a cafetería do HVdX
Cafeteria do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee Cafetería do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Días de denuncias estes días por Cee. Dos eternos retrasos da piscina ao desmantelamento encuberto do Hospital Virxe da Xunqueira. E precisamente abríamos a semana destapando a polémica xestión da concesión á multinacional SODEXO da cafetería e cociña do centro hospitalario de referencia da bisbarra.

Queremos saber a opinión dos políticos locais sobre o asunto.

”Vixiar que se cumplan as condicións”

Zaira Rodríguez, voceira do PP e ex alcaldesa, considera que “cando se fala dun hospital e ademais de postos de traballo, convírtese nun tema super sensible, se sempre saltan as alarmas. Rodríguez, que coñece o asunto moi de preto por unha das persoas despedidas, pensa en todo caso, que as queixas sobre a calidade do servizo chegan despois dos despedimentos, pero que en todo caso, “as queixas nun son boas”.
Unha voceira popular que recoñece non ter visto os pliegos de contratación, pero entende que “o que corresponde á Dirección da Hospital e ao Sergas, é revisar os termos da concesión, e vixiar que se cumplan as condicións”.

”As decisións tómanse dende A Coruña”

Para a voceira do PSdG, Margot Lamela, que vén de denunciar o desmantelamento encuberto do Hospital de Cee falamos do ”típico problema das concesións administrativas. As empresas preséntanse á baixa, cunhas condicións que non cobren os custos. Polo que a concesión resulta deficitaria. Consecuencia diso, a empresa solicita o axuste económico-financeiro da concesión. O que trae consigo axustes de persoal con despedimentos, redución de salarios, desempeño de varias funcións por un mesmo traballador, peor prestación de servizos para reducir custos (ábrese máis tarde e péchase máis cedo), aumenta os prezos dos servizos (neste caso os menús) e menos calidade e cantidade, neste caso, das dietas dos pacientes”
Lamela pensa que “a solución ao problema é unha maior participación da administración na xestión do servizo, xa sexa coa xestión directa ou outro tipo de xestión indirecta como podería ser a ”xestión interesada”, como na piscina, a cal permitiría un maior control na prestación do servizo”.

Ademais, Lamela lamenta que “desde que o Hospital de Cee forma parte do área de xestión integrada da Coruña, carece de autonomía, sendo as decisións tomadas desde A Coruña, perdendo calidade na prestación de servizos e supoñendo un detrimento económico na Comarca”.

Así mesmo, a Deputada socialista Loli Toja ten unha iniciativa para presentar esta semana no rexistro do Parlamento preguntando polo estado desta concesión.

”O problema é a privación dos servizos públicos”

Para o voceiro do BNG local e da Costa da Morte, Serxio Domínguez, “o problema actual da cafetería e cociña ten o seu principal xérmolo na privatización dos servizos públicos e na busca da rendabilidade económica a calquera prezo. Un servizo esencial como ese non debe estar atado á xestión dunha empresa privada, se non a dar un servizo óptimo e de calidade. Problemas tan de actualidade como este ou a piscina de Cee, a ben pouco metros do hospital, deixan as claras o fracaso das externalizacións e a necesidade de volver a xestionar de maneira pública eses servizos”, valora.

E vai máis alá, sinalando que “hai que ter en conta que a empresa SODEXO está a incumprir o prego de condicións co que gañou o concurso, o que recorda lamentablemente a piscina, polo que a intervención da Dirección do hospital non pode demorarse máis no tempo. Estamos a falar non só do servizo de cafetería e comedor para visitantes e profesionais do centro, se non tamén da comida dos e das pacientes”.

Ademais, o BNG únese ás criticas do PSdG sobre o “progresivo e calculado desmantelamento do hospital”, lamentando a creación área de xestión integrada de A Coruña, que alonxa o poder de decisión da comarca. Denuncia, como fixo nas enmendas aos Orzamentos da Xunta, ademais moitos recortes, e lembra a falta do servizo de celadores.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios