mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Pereiriña xa celebrou o seu festival de Nadal

A Pereiriña xa celebrou o seu festival de Nadal
Feston en Pereirina polo Nadal Peta FOrte no Nadal de Pereirina

Menudo festival de Nadal que armaron os membros da Asociación Veciños da Pereiriña. Compartiron unha tarde-noite do sábado ben completa na Casa da Cultura da parroquia ceense, cun festival cargado de actuacións.

Houbo baile e música dos da casa, co Grupo Peta Forte, o grupo de pandeiretas, canto e gaita da casa, o Grupo Terra de Sena de Cee e a xente da Asociación Pedras Miúdas de Lires, que tamén están armando o seu Nadal. Ata fixeron un combinado final tocando todos os grupos unidos para a fin da festa.

Non faltou a comida, e servíronse castañas, viño, refrescos, chocoloate con churros, e como colofón, o sorteo dunha gran cesta con produtos navideños.

Ademais de festa, houbo unha ollada cultural, coa exposición de fotos de Rafael Quintáns Canosa e Juanma Abelleira Ronqueite, a cal tivo moito exito entre o publico que acodiu ao festival.

Familia da Pereirina polo festival de Nadal Cesta de nadal de Pereirina A exposicion de Juanma Ronquete e Rafa Quintans tivo boa acollida na Pereirina Festival Nadal da Pereirina

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Rafael Quintáns.

Comentarios