Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Plataforma pediátrica Costa da Morte pola saúde dos nosos fillos convoca unha concentración comarcal en Cee

A Plataforma pediátrica Costa da Morte pola saúde dos nosos fillos convoca unha concentración comarcal en Cee
Imaxe da Concentracion desta semana de Muxia Imaxe da Concentración desta semana diante do Centro de Saúde de Muxía

Continúa a loita social contra os recortes en pediatría no rural galego, protagonizada polas familias de Zas, Muxía e Dumbría, co apoio dos seus Concellos.

Desta volta as familias seguen demostrando unha fundamental unión para loitar polos seus dereitos, e os de toda a poboación, convocando a través da a coordinadora Zas sen recortes en pediatría e a “Plataforma pediátrica Costa da Morte pola saúde dos nosos fillos”, unha unha concentración en Cee o martes 27 de novembro, ás 13:00h diante do Hospital Virxe da Xunqueira.

Unha concentración que virá cos seus propios ollos Luís Verdes, responsable da Área Integrada da Coruña, pois terá ese mesmo martes unha reunión cos alcaldes da comarca. As familias queren así "recibilo" na Costa da Morte.

Apoio municipal

Así o ratifica o Concello de Zas, que volve instar á Xunta de Galicia a que tom en en consideración a situación e se comprometa a evitar máis recortes.

Á xa complicada situación de normalidade, despois do recorte de 35 a 15 horas semanais de servizo dende o pasado verán, únese circunstancias como que as vacacións da pediatra que compaxina os Centros de Saúde de Zas e de Baio, do 1 ao 15 de decembro, provoca que 300 familias do concello queden sen servizo dende o 30 de novembro ata o 17 de decembro. Unha situación moi parecida á de Muxía, e ante a que o Sergas non se formula tomar medidas para evitar deixar a tantas familias sen iun servizo básico coma este, obrigándoas a desprazarse moits quilómetros para atender sanitariamente aos seus pequenos.

“É responsabilidade do Sergas dar unha solución para que os nosos nenos e nenas teñan a atención sanitaria que lles corresponde sen ter que desprazarse a outros puntos da comarca ou incluso fóra dela”, sinala o alcalde Manuel Muíño.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-familias-de-dumbria-muxia-e-zas-unen-forzas-para-loitar-por-un-servizo-de-pediatria-digno/

Comentarios