A realidade africana chega as aulas


A pasada mañá de xoves 22 de marzo, o Pai Desiré realizou unha conferencia para os nenos de 4°, 5° e 6° de primaria do colexio Eugenio López de Cee na Casa da Cultura de Cee. Onde lles amosou a realidade de Costa de Marfil e a actividade que desenvolve a sua ONG Egueire. Esta conferencia forma parte do ciclo de conferencias que estan a realizar en centros educativos o longo deste ano, nas que explica a situación económica, étnica, cultural, educativa e sanitaria de Costa de Marfil e as intervencións realizadas e planificadas por parte de Egueire.
Finalizada a conferencia os rapaces poideron observar unha pequena mostra de arte africano composta por dez pezas: máscaras, figuras e ata un xogo matemático.

Este é o segundo colexio ceés que participa deste proxecto de sensibilización e educación dado que anteriormente xa se realizou no colexio Manuela Rial, e este venres tócalle o turno os alumnos do Instituto Fernando Blanco e próximamente acudirase o Instituto Agra de Raices. /p>
Dende Egueire queren invitar a todos os colexios ou entidades interesados en coñercer a súa actividade e a situación de Costa de Marfil a que se poñan en contacto con eles.

Novas relacionadas
- 170 persoas disfrutaron do cocido solidario de Egueire axudando aos seus proxectos.
- Egueire xa prepara un 2018 de aniversario.
- Decembro 17: Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte.
- Novembro 17: A experiencia de Égueire en Costa de Marfil.
- Outubro 17: Egueire arrincará a celebración dos seus 10 anos coa inauguración da Maternidade en Costa de Marfil.
- Setembro 2017: A ONG Egueire envía material sanitario para o hospital de maternidade que constrúe en Nandibou.
- Gran acollida á Festa Africana de Egueire en Mazaricos
- Egueire proponse construir unha piscifactoría en Costa de Marfil.
- Mazaricos volve sumerxirse en África.
- Un pequeno regalo chamado Egueire.
- A maternidade de Egueire en Costa de Marfil segue medrando.
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)