A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
18:19 03/11/16
Ferroatlántica ten uns 400 postos de traballos directos na Costa da Morte
“A empresa non presentou ningún ERE” sentenciou esta mañá o presidente da Xunta de Galicia - Alberto Núñez Feijóo - en relación á posible operación de venta das fábricas de Ferroatlántica na Costa da Morte. Ésta foi a primeira vez que Feijóo se manifestou sobre o tema a pesar de que o comité de traballadores solicitou por varias vías unha reunión con el xa que entenden que "a Xunta é a única que pode paralizar e desautorizar esta operación especulativa".
Nas declaracións de hoxe, Feijóo indicou que neste conflito a Xunta non ten que falar coa empresa, senón que utiliza o “dereito administrativo” e descartou que, polo momento, haxa un interese da empresa en suprimir postos de traballo porque non hai ningún Expediente de Regulación de Empresa presentado. “Primeiro hai que ver a proposta da empresa, pero por parte da Xunta a nosa prioridade é manter os postos de traballo en Cee e en Dumbria”, suliñou. Así, insistiu en que para o goberno galego “ten un enorme interese” o mantemento da actual factoría de Ferroatlántica na comarca. “A fábrica de Cee ten unha actividade importante na comarca e, para nós, ten un enorme interese”, suliñou ao ser preguntado por Galicia Confidencial na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
O comité de empresa mobilizouse nos últimos días en contra da intención da dirección de vender a factoría. Temen que se produza un ERE encuberto. Por iso, solicitaron o apoio dos concellos de Cee e Dumbría que tamén se opoñen a unha venda da empresa.
Solicitude do concello de Vimianzo
Pola súa banda, o alcalde do concello de Vimianzo - Manuel Antelo - vén de enviarlle unha solicitude ao presidente da Xunta de Galicia pedíndolle unha entrevista para expoñerlle persoalmente o desastre económico que suporía para o territorio da Costa da Morte a segregación e venda das centrais e do tecido de produción eléctrica da empresa Ferroatlántica.
Esta semana o alcalde xuntouse, xunto cos de Dumbría, Cee, Mazaricos, Corcubión, Fisterra, Muxía e Zas, cos representantes do comité de empresa de Ferroatlántica, quenes lles mostraron aos rexedores a súa preocupación polo feito da segregación e venda das actividades de produción enerxética que Ferroatlántica ten na comarca.
Novas relacionadas
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])
- Galicia Confidencial
- Concello de Vimianzo