Aberta a matricula para as ensinanzas de Adultos nos IES

Folleto ESA IES Fernando Blanco
Aberta a matricula para as ensinanzas de Adultos nos IES

Dende o 1  ao 8 de setembro estará aberto no IES Fernando Blanco o prazo de matrícula para as ensinanzas de Educación Secundaria de Adultos (ESA), para o vindeiro curso 2025-2026.

Estas ensinanzas están destinadas a todas as persoas adultas que desexen obtero título de graduado en educación secundaria e poidan acudir en horario de tarde-noite.
Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maiores de dezaoito anos, ou que os cumpran no ano 2025. 

FOLLETO ESA IES Fernando Blanco 2

 Aprendendo galego

Lembran  tamén que no IES Fernando Blanco se ofertan tamén ensinanzas para a aprendizaxe de Castelán e Galego para persoas migrantes. Son Ensinanzas Non Regradas impartidas en horario de tarde destinadas á poboación migrante, maiores de 16 anos. Para estas ensinanzas a matrícula estará aberta durante todo o curso 2025-2026.
 
Poden pedir máis información en 881880467 ou en ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal
 

Comentarios