Xoves. 01.12.2022
El tiempo

Aberto de o prazo para a Educación de Persoas Adultas en horario nocturno do curso 18/19

Aberto de o prazo para a Educación de Persoas Adultas en horario nocturno do curso 18/19
O IES Fernando Blanco acolle os cursos da ESA O IES Fernando Blanco acolle os cursos da ESA

Finais de curso e toca ir preparando o do ano que vén. E volve haber unha oportunidade para aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posíbel que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.

NA EPA diferénciase entre Ensinanzas Básicas (adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo; e para acceder á Secundaria); e Ensinazas Secundaria (para obter o título de graduado en educación secundaria). Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.

Os Centros da bisbarra

E son varios os centros que ofrecen a Educación de Persoas Adultas en horarios nocturnos. Falamos do IES Fernando Blanco de Cee, o IES Isidro Parga Pondal de Carballo, IES Fontexería de Muros, e IES de Ponteceso, , para inscribirse nas ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, para o vindeiro curso 2018-2019.
Non é o primeiro paso, pois en setembro será cando haia que ratificar a matrícula.

Por IES Fernando Blanco de Cee si que hai que ir reservando praza pois abren os seus prazos de inscrición dende o 1 ao 15 de xuño.

No IES Parga Pondal impártese dende o Módulo 1 ata o Bacharelato de Adultos, e a matrícula faise integramente do 1 ao 15 de setembro. A día de hoxe hai máis de 100 [email protected]

No IES Fontexería de Muros impartirán os módulos 3 e 4 de ESA para o curso 2018-2019, e a matrícula é en setembro.

No IES Ponteceso tamén ofertan todos os módulos da ESA de Adultos, e só é necesario matriculares en setembro.

Fonte

comentarios