Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música de Cee

Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música de Cee
escola musica cee A Escola Municipal de Música de Cee ten aberto - ata o vindeiro día 23 - o prazo de matrícula para o curso 2016/2017. Impartiranse clases de teoría, instrumento, linguaxe musical e, no caso dos máis pequenos, de música activa. As inscricións están abertas para nenos e nenas dende os 5 anos que xa poderán apuntarse en instrumentos como violín. E a partir dos 7 anos a lista exténdese a acordeón, frauta, guitarra, percusión, trombón, trompeta, clarinete, gaita, piano, saxofón, trompa e tuba-bombardino. A propia escola ten instrumentos de préstamo que os alumnos interesados poden solicitar. Ademais, os alumnos e alumnas poderán participar nos grupos de pop-rock, de folk ou na Banda Musical que ten formada a propia Escola de Música. A matrícula é de 20 €. Os interesados poden informarse nas oficinas do concello de Cee. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios