Martes. 05.07.2022
El tiempo

Abre unha nova Área Comercial en Cee no que era o antigo supermercado Día

King Box Cee apertura
Últimos retoques antes da inauguración deste mércores
Abre unha nova Área Comercial en Cee no que era o antigo supermercado Día

Abre unha nova Área Comercial en Cee. O que era o super Día, na entrada da vila que leva máis de medio ano pechado, convírtese agora nunha gran área chea de variedades. Poderás atopar de todo, dende unha gran variedade de disfraces para este Entroido, ata textil, en menaxe, ferretería, complementos para mascotas, xoguetes, decoracion de fogar, papelería…

O emprendedor chinés está realizando as últimas labores para a apertura, que será este mércores 16, e conta coa experiencia de Mabel Fdez., ex concelleira popular no Concello de Cee, propietaria da nave. Xa conta con dúas traballadoras da zona para dar servizo á clientela.

A inauguración estará acompañada dunha campaña de benvida, pois todos os clientes terán un agasallo por compras superiores a 15 €.

King Box en Cee
King Box en Cee

comentarios