venres. 05.06.2026
El tiempo

Abren os diversos prazos de inscrición na Escola de Idiomas de Cee

Informacion da EOI de Cee no Xardin do IES Fernando Blanco
A garita de Información da EOI de Cee está situada no Xardín do IES Fernando Blanco
Abren os diversos prazos de inscrición na Escola de Idiomas de Cee

A Escola Oficial de Idiomas de Cee, situada no IES Fernando Blanco, pensa xa no curso que vén, aportando información para a nova matriculación. O vindeiro luns 8 de xuño comeza o prazo en varias categorías, como os cursos de destrezas, os que aprobaron na convocatoria ordinaria.Alumnado de novo acceso, ten que facer preinscripción (incluído alumnado que renunciou á matricula no curso 25/26) do 15 de xuño ata o 6 de xullo, con matrícula posterior do 9 ao 20 de xullo Información e matrícula

Toda a información e ligazóns para a matrícula no IG da Escola @eoidecee, en: www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/ ou https://centros.edu.xunta.gal/eoicoruna/gl/node/26.

EOI de cee

Comentarios