venres. 02.05.2025
El tiempo

Arde o vestiario da cetárea de Merexo

Arde o vestiario da cetárea de Merexo
Unha estufa foi a causa do incendio que se produciu esta mañá no vestiario da cetaria situada no lugar de Merexo, en Muxía. Mon houbo que lamentar danos persoais, tan só ardeu roupa que había no interior do vestiario. Sobre as 07:00 horas de hoxe, un particular alertaba deste incendio ao que acudiron os Bombeiros de Cee. Así mesmo, solicitou a colaboración da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil. Ao redor das 08:15 horas os membros do parque comarcal daban por finalizadas as tarefas de extinción. O persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foi informado do acontecido polo 112 Galicia. Antiga escola de Vilar de Toba Por outra banda, en Cee, os bombeiros tamén acudiron a outro incendio que se produciu na antiga escola do lugar de O Vilar de Toba. Unha vez sufocado o lume, confirmaron que arderon papeis e cartóns da planta baixa do local, ocupada ás veces por indixentes. Unha vez apagado o lume, os bombeiros removeron, refrixeraron e comprobaron, que non houbese ninguén na planta superior. Dende o 112 Galicia tamén se informou aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como, aos efectivos de Protección Civil e técnicos sanitarios, ante a incerteza de que, ao tratarse dun colexio abandonado, puidese haber algunha persoa no seu interior. O incendio tivo lugar pasados uns minutos das 22:30 horas de onte. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Axega

Comentarios