Arrincan as escolas musicais de Cee, Baio e Fisterra
Segue a Costa da Morte sendo unha canteira inesgotable de música. Hoxe nos chegan, tres propostas formativas para este curso, dende Cee, Baio e Fisterra.
Reunións da Escola de Música de Cee
Desde a Escola de Música de Cee cóntannos os días de reunión cos alumnos para elexir os horarios das clases instrumentais. Se ben, os horarios das Clases Colectivas Teóricas están expostos na Escola de Música, e as Clases comenzarán o luns día 7 de outubro.
Estas son as reunións que se celebrarán no edificio da Escola de Música ás 18:30 h. ao longo desta semana:
- Luns día 30 de Setembro: Reunión cos alumnos de Frauta Traveseira e Gaita.
- Martes 1 de outubro: alumnos de Percusión e Violín.
- Mércores 2 de Outubro: alumnos de Vento Metal, Guitarra, Saxo e Clarinete.
- Xoves 3 de Outubro: alumnos de Piano e Acordeón.
Escola en Baio
A AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella de Baio comunica a todas as persoas interesadas en matricularse nas asignaturas de linguaxe musical e piano que mañá sábado 28 de setembro ás 21:00 horas haberá unha reunión no Auditorio de Baio para formalizar a matrícula e tratar de asuntos relacionados co inicio do curso 2013-2014 da Escola de Música Pepe Valiña.
Música en Fisterra
Así mesmo, dende Fisterra avanzan que o prazo para anotarse no Curso de Música 2013/2014 comeza este vindeiro 1 de outubro. Impartiranse clases de flaura, gaita, tambor, guitarra, saxo, clarinete, bandurria e laúd.
O curso será destinado para nenos e nenas maiores de 6 anos e adultos e impartirase os venres pola tarde.
Novas relacionadas
- Esixen solución ao retraso dos pagos da Escola de Música de Cee.
- Mazaricos tamén ten a súa Escola de Música Moderna.
- En marcha as actividades extraescolares en Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).