Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Esixen solución ao retraso dos pagos da Escola de Música de Cee

Esixen solución ao retraso dos pagos da Escola de Música de Cee
Escola-Municipal-de-Musica-de-Cee

Seguen esperando, con paciencia infinita polo traslado ás novas instalacións da Casa da Cultura. Pero é que ademais o propio goberno municipal de Cee recoñecía problemas de pago coa empresa concesionaria da Escola de Música. Unha situación que obriga aos cooperativistas da concesionaria a quedar sen cobrar para poder satisfacer os soldos dos empregados/as.

O BNG ceense, que xa sacara un comunicado en apoio aos traballadores, non entende "a demora nas xuntas de goberno que causan problemas de tesourería, mais cando en cousa de quince días no concello se celebraron dous plenos (15 de Xullo e 1 de Agosto)".

O Concello explica que os retrasos danse por nun problema de tesourería, e a falla de xuntas de goberno para poder aprobar a factura".

Así e todo, o BNG esixe ao goberno que "non cometa máis erros de este tipo, xa que o sustento de varias familias está en xogo, compre non esquecer que as hipotecas, fillo/as e familias dos mestres da escola non poden estar a expensas de que varios concelleiros/as decidan reunirse".

Ademais, recorda que esta nova situación "leva as claras a demostrar dúas cousas, por un lado a privatización non é a solución esperada, e por outro, a pouca sensibilidade dos gobernantes cos empregados municipais".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios