Martes. 23.04.2024
El tiempo

As Eleccións Municipais de Cee estarán marcadas polo xuízo oral da Operación Orquesta

As Eleccións Municipais de Cee estarán marcadas polo xuízo oral da Operación Orquesta
Ramon Vigo a saida do Xulgado en febreiro 2011 na Operacion Orquesta Ramon Vigo a saida do Xulgado en febreiro 2011 na Operación Orquesta Aínda que algúns se esforcen por enterrala, a Operación Orquesta segue moi viva. Tralos últimos sobreseimentos só 6 dos 27 imputados inicialmente pasan a xuízo oral, todos do Concello de Cee. A mesma Fiscalía que foi pedindo arquivo para moitos das separatas, non o fixo no caso de Cee, onde se manteñen as peticións de delito, e mesmo existen grabacións graves e claras. Por exemplo, para Ramón Vigo a Fiscalía segue mantendo unha petición de 23 anos de prisión (se ben as causas non son acumulativas), máis de 138.000€ de multa, puidendo chegar a estar ademais ata 15 anos inhabilitado. Segundo avanza La Voz de Galicia, os 6 investigados terán que pasar pola Audiencia Provincial entre 12 e 21 de marzo de 2019, pasados máis de 8 anos dende aquel 31 de xaneiro de 2011. Decrétanse 6 días de xuízo, polo que non se vai despachar todo nunha mañá. Nas anteriores eleccións municipais de 2015, a Operación Orquesta deixaba no banco a dous alcaldes (os de Mazaricos e o de Corcubión, hoxe absoltos, non se presentaron como candidatos), e ademais deixaba sen alcaldia a un histórico, José Manuel Traba (de novo candidato á alcaldía de cara a este 2019 unha vez libre de culpa). Polo bando contrario, Ramón Vigo, naquel 2015 aínda en liberdade baixo fianza, vencía outra vez unhas eleccións municiais ante unha cidadanía que venda os ollos ante as instancias xudiciais. Este maio de 2019 a Orquestra volverá estar moi presente, sobre todo do Concello de Cee.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cee-queda-trala-arquivacion-do-caso-en-mazaricos-como-unico-concello-con-imputados-na-operacion-orquesta/

Máis novas da Operación Orquesta

Artigos relacionados

Comentarios