![Fogos artificiais das festas da Xunqueira]()
Fogos artificiais das festas da Xunqueira
[fbvideo link="https://www.facebook.com/concellocee/videos/1109904335751091/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
Un ano máis, a vila de Cee vestiuse de gala para recibir as
festas da Xunqueira. O programa festivo deste ano estivo repleto de eventos que pasaron dende a tradicional procesión da patrona, ata outros actos menos litúrxicos como a lectura do prego, os fogos artificiais do día 15 ou as actuacións musicais.
As festas da Xunqueira arrancaron o venres, día 12, coa lectura do pregón a cargo do
arquitecto Juan Creus Andrade.
![Numeroso publico escoitou o pregon a cargo do arquiteto Juan Creus Andrade]()
Numeroso público escoitou o pregón a cargo do arquiteto Juan Creus Andrade. Imaxe: Rafael Quintáns
Na xornada do sábado, día 13, unha das protagonistas foi a música que comezou xa á tardiña cos
cantos de taberna que percorreron varios establecementos da vila.
![A asociacion amigos da Banda de Musica de Cee organizaron os cantos de taberna para a tarde do sabado]()
A asociación amigos da Banda de Música de Cee organizaron os cantos de taberna para a tarde do sábado. Imaxe: Rafael Quintáns
Xa na noite do sábado, foi o turno das bandas locais: Almánimal, Leo KcH coa súa banda error 404 e Route 552. Tamén actuaron Los Limones.
![O grupo Los Limones actuou o pasado sabado nas festas da Xunqueira de Cee]()
O grupo Almánimal, de Cee, actuou o pasado sabado nas festas da Xunqueira de Cee
O
desfile de xigantes e cabezudos abriu a programación do domingo, día 14 que conseguiron congregar a unha boa cantidade de público - principalmente infantil -.
![Os xigantes e cabezudos desfilaron polas ruas de Cee]()
Os xigantes e os cabezudos desfilaron polas rúas de Cee. Imaxes: Rafael Quintáns
A música máis pop dos anos 80 e 90 invadiu Cee co
concerto de Tennessee que repasou temas tan bailables como "Te vi correr" ou "Llueve en mi corazón".
![Tennesse fixo un repaso dos seus grandes exitos durante o concerto que ofreceu en Cee]()
Tennesse fixo un repaso dos seus grandes éxitos durante o concerto que ofreceu o pasado domingo en Cee. Imaxe: Rafael Quintáns
Mais o día grande das festas da Xunqueira foi o luns, o 15 de agosto. As celebracións comezaron xa pola mañá con pasarrúas que lle deron paso á misa e á procesión da virxe pola vila. A sesión vermú correo cargo da orquesta Passarela que compartiu escenario á noite con Tamarindos. A media noite chegou a esperada sesión de fotos artificiais.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/concellocee/videos/1109904335751091/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
As festas continuaron onte para honrar a san Roque. David Demaría foi o encargado de poñerlle o peche á Xunqueira 2016.
![David Demaria foi o encargado de pechar as festas da Xunqueira do 2016]()
David Demaria foi o encargado de pechar as festas da Xunqueira do 2016
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)