mércores. 25.02.2026
El tiempo

O BNG de Cee pide a "suavización" da ordenanza de animais

Praia da Concha de Cee unha das praias de calidade insuficiente da Costa da Morte
A Praia da Concha de Cee podería ser perfectamente unha praia de esparcimento canino
O BNG de Cee pide a "suavización" da ordenanza de animais

Desde o Bng de Cee, e logo das queixas e propostas recollidas da veciñanza, solicitan a "a suavización" dunha norma da actual ordenanza de Tenencia de Animais. O punto número 8 do artigo 14 (Circulación e permanencia do can en vías públicas e locais), di que "Está prohibida a circulación e estadía dos animais domésticos nas praias e nos espazos públicos de acceso a elas ou ao servizo dos seus usuarios no período que vai de 1º de xuño ao 30 de setembro de cada ano, agás das 22:00 ata as 10:00 horas do día seguinte".

Para o grupo da oposición, "e é restrictiva de mais", polo que piden a "suavización" da norma, considerando "necesario o cambio nos horarios". Así solicitarán por escrito que se amplie o tempo de posible permanencia dos animais nas praias, pasando a ser das 20:00 da tarde as 11 da mañá.  “Con este cambio posibiltariase que as persoas con animais domésticos teñan tres horas mais de día para desfrutar das nosas praias coas súas mascotas, entendendoo así porque até as 11 da mañá é raro ver a xente nos areais e a partir das 20 horas comeza a volta a casa”, declarou
 
No mesmo documento solicitarán tamén que se estude a posibilidade de habilitar unhas das praias do concello para que sexa libre ao uso de mascotas, iso si, cumprindo coas mínimas normas de convivencia coas peroas que xa se recollen na ordenanza para outros espazos públicos.
 

Bancos no polígono

Así mesmo, o grupo denuncia que nos últimos días foron retirados do parque os bancos que había distribuidos polo polígono empresarial e que desde aquela permanencen amontoados en dependencias municipais, mais concretamente en Raíces, detrás da escola infantil. 

"Descoñecemos as razóns da súa retirada, si é de maneira definitiva ou para mantemento, pero consideramos que se debería ter feito doutro xeito. Si se van cambiar deberíase esperar polos novos e si é para mantento, ir retirando e repoñendo según se adecentan", piden dende o BNG.


 

Comentarios