Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O BNG solicita a instalación dun gardarraíl en Lires

curva de lires
O BNG solicita a instalación dun gardarraíl en Lires

Debido a corta de árbores en propiedades privadas preto do polideportivo de Lires, xusto ao transformador eléctrico e dirección Cee, nestes intres a estrada presenta un aspecto perigoso en caso de accidente ou saída de vía dun vehículo. Así o entende o BNG ceense que valora que "o importante desnível de varios metros de altura, poden supór que un
contratempo leve a calquera vehiculo a caer até a vía que vai a praia e a igrexa, o que claramente pode supór a perda de vidas humanas".

"Até o momento da corta das citadas árbores, estas facían a laboura de contención en caso de incidentes, mais agora sen eles o perigo aumentou exponencialmente", polo que de desde o grupo municipal do Bng solicitan "a colocación dun quitamedos que sirva de protección ante casos como os citados".

Comentarios