Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG volve propoñer a mellora do Mercado Municipal de Cee

Mercado municipal de Cee
O BNG volve propoñer a mellora do Mercado Municipal de Cee

O BNG de Cee volve levar ao pleno a mellora e o impulso do mercado municipal. Unha moción xa presentada na anterior lexislatura e malia que fora aprobada, pouco se fixo para facerla realidade. O edificio, relativamente novo, está en moi malas condicións, e as pingueiras e as humidades son constantes. A limpeza non é, ás veces, a meirande protagonista. A cafetería, sen accesibilidade, segue pechada dende hai anos.

Por cousas como estas pide “adecuar a limpeza do mercado de modo que sexa á axeitada a unha infraestructura desas características”; “revisar e adecuar a cuberta do edificio para dar solución ao problema de humidade e goteiras nel”; facer unha baixada de prezos dos locais; estudar a posibilidade de abrir unha nova cafetería na parte de abaixo da actua

O BNG pide ademais que aparcamento subterráneo debería estar a disposición dos usuarios e usuarias do mercado.

Comentarios