Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Curandeiras, Buserana e Sonlilá convocan sendas concentracións ante o novo asasinato machista da Pastoriza

O machismo mata! Concentración de  Buserana polo 25N
Imaxe dunha Concentración de Buserana polo 25N
As Curandeiras, Buserana e Sonlilá convocan sendas concentracións ante o novo asasinato machista da Pastoriza

Esta fin de semana Manuela Iglesia Fernández foi asasinada polo seu marido na parroquia de Crecente, na Pastoriza, e convértese na primeira muller vítima mortal a causa da violencia de xénero na comunidade en 2020, e a 6ª (5 mulleres e unha nena) en todo o estado. Unha situación que volve sacar á rúa a ducias de colectivos do país, para trasladar o seu pesar e a súa repulsa, ao tempo que se reivindican máis medios para a batalla.

Así o recoñece a Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia (ASOCIM), que pide reforzo nas zonas rurais de Galicia, por mor da dispersión e lembra a importancia de que os Centros de Información á Muller conten cos medios suficientes.
A entidade considera necesario poñerse “a repensar o reparto dos fondos do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero de tal xeito que permitan optimizar os servizos de atención ás vítimas de violencia machista e crear axudas de maior duración e contía, adaptadas ás diferentes realidades ás que teñen que facer fronte”.

Na comarca, os colectivos As Curandeiras, Buserana e Sonlilá tamén alzan a voz e convocan concentracións para este luns 28 de xaneiro.

Por Cee, a Organización Feminista Buserana súmase á convocatoria de Emerxencia Feminista da Marcha Mundial de Mulleres para este luns 27 de xaneiro, e espera que toda a veciñanza se achegue á Praza 8 de Marzo de Cée ás 20:00 da tarde, con todo o necesario para facer moito ruído: potas, tellos, tixolas, pandeiretas... “que se nos escoite berrar!!! Querémonos vivas!!!!” sinalan as Buseranas.

Por Vimianzo, As Curandeiras convocan a toda a veciñanza  a concentración que terá lugar tamén o luns 27 de xaneiro ás 20:00 na praza do Concello.

En Carnota, saben que “non se pode seguir mirando cara outro lado. Abonda de pasividade e silencio. As nosas reivindicacións son a vergoña dun patriarcado rancio que se nega a si mesmo pero é tan real que nos mata.” Por iso convocan á veciñanza de Carnota á concentración que terá lugar mañan luns 27 na praza da Pedras ás 19:00 horas.

Comentarios