1ª FUTGAL: Táboas insuficientes
Recta final da temporada e os nosos necesitan un cambio de tendencia. 3 dos nosos equipos (Muxía, Camariñas, e Castriz) levan 5 xornadas sen gañar, mentres que a Esteirana está absolutamente desafiuzada.
Castriz e Muxía selaron as táboas repetindo o guión do choque do xoves na Copa. Un empate que non lle vale a ningún, pois o Muxía ve como o soño da promoción de ascenso escapa a 6 puntos, mentres que o Castriz queda empatado co Bastavales, que venceu ao Bertamiráns, compartindo o teórico posto de descenso directo. 1 punto por riba está o Camariñas, que estivo a punto de sacar un punto en Teo; e 3 puntos por debaixo segue o Fisterra que non conseguiu sumar nada positivo ante o Club do Mar.
Club do Mar - Fisterra (2-0)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Piti, Rubén, Maikel Mouzo, Dani, Ángel, Martín, Guille, Eze e Isaac Fábregas. Tamén: Mateo, Lois, Luisete, Pablo.
- Goles: 1-0, m.15: Alberto Díaz; 2-0, m.30: Martín Baldomir.
Non puido o Fisterra manter a boa senda de resultados na Laracha ante un Club do Mar moi firme e serio que segue na 2ª posición aspirando a todo.
Praiña - Camariñas (1-0)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Roi, Borja, Oliver, Moriño (Raúl), Joseba (Martín), Javi, Adam (Brais), Mario e Soule.
- Gol: 1-0, m.84: Jorge Pascual.
Partido moi igualado, nun céspede do Juan Amado no que non era fácil xogar un fútbol combinativo. Na primeira parte os locais tiveron unha ocasión que saca Roi debaixo dos paus, mentres que Mario tivo un man a man que saco cun paradón o porteiro local.
Na segunda parte deu un paso adiante o equipo de Juan Cabrejo e Faus. Dominaron o balón e o partido territorialmente, e tiveron a mellor ocasión, unha de Soule que puido ter sido penalti.
Cando parecía que o partido acabaría en empate, un tiro deles sin perigo, escápaselle da man a Jorge e se cola para abrir o marcador. Aínda tiveron os camariñáns o empate nun tiro de Brais e outro de Borja co partido casi acabado, pero ao final outra derrota noutro partido que os encaixeiros non mereceron perder.
Queixas - Esteirana (6-0)
- Esteirana: Víctor, Kevin Rial, Uxío, Godo, Aitor, Nauzet, Antón, Anxo Olveira, Gael, Raúl e Foghete. Tamén: Toni, Code e Gulle.
- Goles: 1-0, m.23: Michael; 2-0, m.45+2: Tovar; 3-0, m.45+3: Brayan; 4-0, m.50: Marco; 5-0, m.51: Tova; 6-0, m.85: en propia.
Pouco que contar nunha Esteirana en cadro, no que Adán tivo que viaxar ata Cerceda con 13 xogadores, cun Toni que se lesionaba no quecemento, e con varios xuvenís no 11, entre eles Nauzet, que sufríu unha fractura no narís, tendo que xogar durante unha hora o meta Gullermes, que volvía despois de varios meses lesionado.
Así, ante un equipo que colgaba e colgaba balóns ao seu xigante dianteiro Michael Gestal, que aos seus 41 anos segue facendo estragos nas defensas rivais. E pouco se puido facer.
Castriz - Muxía (0-0)

- Castriz: Íker, Fabián García, Brais, Anxo, Alemán, Marcos Mouro, Oscar Feal, Luís, Juanjo e Carlos Rieiro. Tamén: Coke, Marcos, Fabio Barbeira, Rodo, Saúl.
- Muxía: Joel, Mateo, Braus, Carlos Antelo, Carlos Costa, Javi Vilela, Mauro, Isma, Iago, Adrián Alcaina e Fran Moreira. Tamén: Iván Bouzón, Alex, Róber, Manu Nogueira, Adrián Alcaina, Manu Martínez.

Derbi tenso, semellante ao partido do xoves da Copa, cun Castriz que lle deixaba o balón ao cadro muxián intentando saír á contra. Desta volta, os de Pataca estiveron mellor co balón, xerando mais perigo e chegando á área do Castriz, pero sen estar acertados. Co paso dos minutos os locais foron subindo algo máis a presión, pero sen claridade arriba.
Despois de media hora da segunda metade de control muxián, nos últimos minutos do partido, vendo que o Bastavales estaba gañando, os de Barca apretaron algo máis arriba, buscando a vitoria tendo un remate de Juanjo que foi anulado por un protestado fóra de xogo.
Queixouse o cadro muxián das “numerosas entradas recibidas sobre todo nos ultimos 15 minutos".
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.26: Só o Fisterra salva unha nova mala xornadas.
- X.25: O mundo ao revés.
- X.24: Dous míseros empates.
- X.23: O Fisterra saca a cabeza a costa dunha afundida Esteirana nunha xornada fatídica.
- X.22: O Muxía ponse colíder e Castriz e Camariñas alonxan o descenso.
- X.21 O Muxía fai soñar á parroquia corviña á costa do Camariñas.
- X.20: Esteirana e Fisterra reaccionan e o Muxía colócase a 1 punto do liderato.
- X.19: O Muxía afunde máis ao Fisterra e soña con todo.
- X.18: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz.
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.