Caneliñas, entre os 1.600 elementos que a Xunta vai incluir no futuro catálogo de Bens de Valor Cultural no Litoral
Escolleu Caneliñas (desta volta xa non entrou a comitiva institucional na esfolada fábrica baleeira) o presidente da Xunta para anunciar o futuro Catálogo de Bens de valor cultural no litoral. Alfonso Rueda, destacou hoxe que Galicia xa ten identificados 1.600 elementos a incluír no futuro catálogo de bens de valor cultural no litoral. Un traballo que se desenvolveu en tan só dous meses desde a asunción das funcións e servizos en materia de ordenación e xestión do litoral por parte do Executivo galego.
Deses 1.600, rredor de 870 son edificacións que poderán ter novos usos compatibles coa súa conservación, como faros, muíños, hórreos ou a propia fábrica baleeira ceense. Neste sentido, o titular do Executivo galego destacou que o obxectivo é revitalizar estas construcións para que deixen de “esmorecer”, ser ruínas esquecidas, e se transformen, de novo, en espazos útiles, xeradores de actividade, emprego e orgullo colectivo.
Ademais, subliñou que o proxecto de decreto do catálogo está xa en tramitación, tras unha consulta pública realizada este verán. O próximo paso será sometelo a información pública en outubro coa previsión de aprobalo “antes de que remate este ano”.
Máis novas