venres. 12.09.2025
El tiempo

Caneliñas, entre os 1.600 elementos que a Xunta vai incluir no futuro catálogo de Bens de Valor Cultural no Litoral

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visita a baleeira de Caneliñas. Praia de Caneliñas (Cee), 12/09/25.
Víctor Castiñeira explicando a historia de Caneliñas a Rueda
Caneliñas, entre os 1.600 elementos que a Xunta vai incluir no futuro catálogo de Bens de Valor Cultural no Litoral

Escolleu Caneliñas (desta volta xa non entrou a comitiva institucional na esfolada fábrica baleeira) o presidente da Xunta para anunciar o futuro Catálogo de Bens de valor cultural no litoral. Alfonso Rueda, destacou hoxe que Galicia xa ten identificados 1.600 elementos a incluír no futuro catálogo de bens de valor cultural no litoral. Un traballo que se desenvolveu en tan só dous meses desde a asunción das funcións e servizos en materia de ordenación e xestión do litoral por parte do Executivo galego.

Rueda en Canelinas
Rueda en Caneliñas

Deses 1.600, rredor de 870 son edificacións que poderán ter novos usos compatibles coa súa conservación, como faros, muíños, hórreos ou a propia fábrica baleeira ceense. Neste sentido, o titular do Executivo galego destacou que o obxectivo é revitalizar estas construcións para que deixen de “esmorecer”, ser ruínas esquecidas, e se transformen, de novo, en espazos útiles, xeradores de actividade, emprego e orgullo colectivo.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visita a baleeira de Caneliñas. Praia de Caneliñas (Cee), 12/09/25.
O "gobernador" Rueda, como lle chamou Fina, a veciña do lugar, historia viva de Caneliñas

Ademais, subliñou que o proxecto de decreto do catálogo está xa en tramitación, tras unha consulta pública realizada este verán. O próximo paso será sometelo a información pública en outubro coa previsión de aprobalo “antes de que remate este ano”.

Máis novas

Comentarios