A última balea de Caneliñas

16:03 21/10/20
Cada 21 de outubro, a Coordinadora de Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) celebra o Día da Balea, en lembranza da última captura de balea no sur de Europa. Era esta coa que vemos a Juan de Panzeiras, procesándoa na finada baleeira de Caneliñas, hai xusto 35 anos.
Foi Álex Aguilar o que vén de recuperar esta imaxe, vello coñecido da zona porque tamén traballou como biólogo controlando as cotas e tallas de captura na baleeira ceense.
Precisamente erá el o que celebrará a data cunha charla, hoxe mesmo, mércores 21, ás 20:00h a través da plataforma online https://meet.jit.si/FOROCEMMA (chave: AGUILAR).
A charla aberta será “A alimentación das distintas especies de baleas e as súas relacións de competencia".