![programa coidamos-tea autismo galicia]()
Cee acolle o programa coidamos-tea da federación de autismo de galicia
Cee será un dos catro concellos nos que a
Federación Autismo Galicia desenvolva o seu programa
Coidamos-TEA. A primeira das actividades terá lugar o vindeiro luns na Casa da Cultura da vila. A asistencia é gratuita.
O obxectivo de Coidamos-TEA, financiado pola Fundación Barrié a a Fundación Roviralta, é proporcionarlle as familias das persoas con TEA un lugar de encontro onde obter información profesional e especializada sobre o Autismo e compartir experiencias. Ademais de en Cee, o programa desenvolverase en Ponteareas, Burela e Monforte.
Profesionais especializados de Autismo Galicia serán os encargados de levar a cabo estes encontros mensuais nos que se busca dar una resposta ás necesidades das familias, tales como: apoio no fogar, oportunidade de aprendizaxe, xogo e habilidades sociais, apoio psicolóxico, recursos e axudas sociais, as familias como motor e as súas experiencias.
"O programa Coidamos –TEA é unha oportunidade para mellorar a atención as persoas con Autismo, tanto dende a familia como dende o seu entorno próximo, como son os servizos sociais dos seus concellos" aseguran dende a organización.