![Mes adicado a Baldomero Cores en Cee]()
Varios actos que terán ao longo do mes de maio será a merecida homenaxe que lle fará o concello de Cee a
Baldomero Cores - finado en decembro de 2014 -.
Os actos constarán dun ciclo de conferencias, unha mostra bibliográfica e o acto de descubrimento da placa dando nome ao auditorio da Casa da Cultura. Así o presentaron na mañá de onte o alcalde de Cee - Ramón Vigo -; a concelleira de Deporte e Tempo Libre - Camola Díaz -; e o bibliotecario municipal e organizador dos actos - José Ramón Rey Senra -.
Ciclo de conferencias
![]()
As conferencias serán un total de seis e repasarán as diferentes facetas de Baldomero Cores ao longo da súa vida: xurista, membro do parlamento, historiador, orador, escritor e xornalista. Os ponentes serán ceenses que, dun xeito ou outro, estiveron vinculada a Baldomero Cores e que se ofreceron de forma desinteresada a rendirlle esta merecida homenaxe. O ciclo o abrirá
Francisco Caamaño - catedrádico de Dereiro e exministro de xustiza - o día 6 de maio ás 20:45 horas no auditorio Baldomero Cores. As demais, terán lugar na sala de conferencias do 3º andar da Casa da Cultura , ás 20 horas do día indicado.
Tamén se ofrecerá unha
mostra bibliográfica entre os días 6 e 17 de maio na sala do fondo local da Biblioteca Pública Municial, con 36 obras de Baldomero Cores entre as que figruran 16 obras doadas e 9 cedidas, por seren primeiras edicións, pola familia.
O acto final será o
decubrimento da placa conmemorativa no auditorio da casa da Cultura, na cal figurará o nome de Baldomero Cores e coa presentación da fotomontaxe “Lembrando a Baldomero Cores”, realizado por Iria Piñeiro e con música de Fernando Fraga. Será o 17 de maio e intervirán a viúva de Baldomero - Aurora Lamas -; o xornalista ceense - Luís Pousa - cunha charla que leva por título “Semblanza de Baldomero Cores” e que pechará o alcalde. O acto rematará cun concertó ofrecido por Fernando Fraga e Óscar Ibáñez.
Biografía
Baldomero Cores Trasmonte desenrolou unha intensa actividade como periodista, escritor, profesor universitario e xurista. Natural de Cee, estudiou Dereito en Santiago. Continuou os seus estudos en Madrid, foi profesor de socioloxía na Universidade Complutense, e catedrático en Porto Rico. Nos anos oitenta voltou a Galiza e exerceu como xurista do parlamento, desde onde contribuiu ao desenrrolo dunha lexislación propia galega, e continuou unha abultada traxectoria intelectual como ensaista. Foi membro de la Real Academia Galega e cronista oficial do concello de Cee e medalla Fernando Blanco.
Novas relacionadas
Fonte