Martes. 15.10.2024
El tiempo

Cee estreou a súa curta "O que tiras ao mar"

Curta O que tiras ao mar
Curta O que tiras ao mar
Cee estreou a súa curta "O que tiras ao mar"

Este domingo, foi a estrea (con doble pase ante a expectación) da curta “O que tiras ao mar”. Unha curta feita en Cee e para Cee. Protagonizada por Toño Casais e Serxio Domínguez, boa parte do elenco, a música de Fernando Fraga, a produción... son xente da vila da Xunqueira, contando co guión e dirección do cabanés Federico Rioboo.

O que tiras ao mar. Teaser. from Konsertina Film on Vimeo.

Trátase dunha historia sobre o perdón e a vinganza, que buscará cabida polos festivais do país.

A curta contou tamén co apoio do concello de Cee e da Asociación Cultural Alexandre Bóveda de A Coruña.

Ficha técnica:
- Director: Federico Rioboo.
- Guión: Federico Rioboo e Roi Parada.
- Cámara e montaxe: Aser Orbán.
- Sonidista: Miguel Seixo.
- Produción: Yolanda G. Leal.
- Diseñadora gráfica: María Lijó.
- Actores: Serxio Domínguez, Toño Casais, Isabel Vallejo, Nerea García, Saray Pérez, Mauricio Abeijón, Yolanda G. Leal. Moncho Iglesias.

Comentarios