Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cee fai esfumar o tabaco

Terra de Sena actuando coa AECC en Cee
Terra de Sena actuando coa AECC en Cee
Cee fai esfumar o tabaco

Este pasado domingo, a AECC da Xunta Local de Cee comezou diante do Centro Comercial de Cee, a Campaña "Esfúmate do tabaco”.

A campaña da AECC, pon a disposición das persoas fumadoras un programa totalmente gratuíto de deshabituación ao tabaco para axudarlle no proceso cara unha vida máis saudable, especialmente intentando concienciar da importancia de previr o cancro, non só de pulmón, asociado ao tabaco.

Xunto a xa familiar colaboración coa AECC local do grupo de música "Airiños de Brens", incorporouse o grupo de baile "Terra de Sena" de Cee, xuntos conseguiron dar maior visibilidade á campaña, facendo que a xente se achegara á mesa a informarse, ademais de animarse a bailar nunha mañá solleira.

Este venres día 31 de Maio, Día Mundial Sen Tabaco, a AECC local continuará pola mañá a campaña de información sobre o programa de deshabituación ao tabaco na entrada do Hospital de Cee. Repartiranse libriños informativos sobre o programa a tódalas persoas fumadoras interesadas no mesmo.

Carpa da AECC

Comentarios