Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee, no mapa do turismo relixioso europeo co gallo do Ano Xubilar Mariano Nosa Sra. da Xunqueira

Reunión Alfonso Rueda
Antonio Domínguez, no centro, reunido con Rueda e Lorenzo
Cee, no mapa do turismo relixioso europeo co gallo do Ano Xubilar Mariano Nosa Sra. da Xunqueira

Dende o 1 de maio ao 2022 ao 1 de maio do 2023 é Ano Xubilar Mariano na parroquia Nosa Señora da Xunqueira. Unha importante data para “poñer a Cee no mapa do turismo relixioso europeo”, que terá un completísimo programa de actividades, incluída unha visita de máis de 1.000 de mozos e mozas de feligreses de toda Europa no marco da chamada Peregrinación Europea de Jóvenes Peregrinos.

Para desenvolver todo este ambicioso programa, dende Cee necesitan apoio económico. E para iso o portavoz do Partido Popular no Concello de Cee, Antonio Domínguez, trasladouse onte á Xunta de Galicia para manterunha reunión co deputado autonómico, Rubén Lorenzo, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Domínguez trasladou o programa de actos e solicitou o apoio económico do goberno autonómico para poder levar a cabo este evento. Agradeceu que o vicepresidente se comprometese a estudar “con cariño” o proxecto para poder dotalo respaldo económico, e poder abrir a porta santa o 1 de maio de 2022 con todas as facilidades.

Logo, lema e libro

Año Jubilar Xunqueira

Todo Ano Santo vén acompañado dun logo e un lema, neste caso: “Donde todo termina Tú apareciste y reinas”, coa Virxe da Xunqueira entre os xuncos, como relata a súa aparición, enriba dunha concha, “pois ela é a nosa pedra preciosa” así como a alusión tanto ao Camiño como a mesma praia da Concha.

Pero ademais, este ano tamén traerá un libro, realizado por Víctor Castiñeira. O historiador, técnico de Cultura do Concello, é o autor do mesmo.

Comentarios