Cee recuperou no Cruceiro da Cantorna a historia dos seus represaliados polo Día da Galiza Mártir

Xaime Trillo no Cruceiro da Cantorna-Foto-Pablo Alvarez

Este pasado martes, unha vintena de persoas se achegaron ao Cruceiro da Cantorna para celebrar lembrar aos represaliados polo fascismo no Día da Galiza Mártir.

Foi unha sesión en clave de poesía, cos versos de Xaime Trillo, Álex López e Suso Bahamonde, e as verbas de Ánxeles Pérez Barrán, Miro Villar e Serxio Domínguez.

Miro foi encargado de presentar de onde ven a data, lembrando que se celebra pola morte de Alexandre Bóveda e un día despois de Ánxel Casal, entón alcalde de Santiago. Miro fixo un recordatorio á primeira vez que se fixo un acto sobre este día, que se fixo na praciña do Olvido de Cee en 1995 polo Batallón Literario en lembranza dos 8 represaiados na fábrica de Brens. Recordou tamén que intentaron institucionalizar ese día no Concello de Cee, pero non foi posible, e rematou cun poema e cunha mención a Vicente Mejuto Leis

Ánxeles falou do Cruceiro e da súa relevancia, que nacía de disputa entre os veciños de Bermún e Cantorna e serviu para delimitar o territorio.

Rematou Serxio Domínguez, voceiro do BNG, facendo a ofrenda floral e dedicándolla a Vicente Mejuto Leis, cuio corpo por recuperado hai pouco nunha exhumación en Navarra contando a súa historia da man de Luís Lamela.


Suso Bahamonde-Foto-Pablo Álvarez

Miro Villar-Foto: Pablo Álvarez



Ánxeles Pérez

 

Novas da memoria