Cee recuperou no Cruceiro da Cantorna a historia dos seus represaliados polo Día da Galiza Mártir
Este pasado martes, unha vintena de persoas se achegaron ao Cruceiro da Cantorna para celebrar lembrar aos represaliados polo fascismo no Día da Galiza Mártir.
Foi unha sesión en clave de poesía, cos versos de Xaime Trillo, Álex López e Suso Bahamonde, e as verbas de Ánxeles Pérez Barrán, Miro Villar e Serxio Domínguez.
Miro foi encargado de presentar de onde ven a data, lembrando que se celebra pola morte de Alexandre Bóveda e un día despois de Ánxel Casal, entón alcalde de Santiago. Miro fixo un recordatorio á primeira vez que se fixo un acto sobre este día, que se fixo na praciña do Olvido de Cee en 1995 polo Batallón Literario en lembranza dos 8 represaiados na fábrica de Brens. Recordou tamén que intentaron institucionalizar ese día no Concello de Cee, pero non foi posible, e rematou cun poema e cunha mención a Vicente Mejuto Leis
Ánxeles falou do Cruceiro e da súa relevancia, que nacía de disputa entre os veciños de Bermún e Cantorna e serviu para delimitar o territorio.
Rematou Serxio Domínguez, voceiro do BNG, facendo a ofrenda floral e dedicándolla a Vicente Mejuto Leis, cuio corpo por recuperado hai pouco nunha exhumación en Navarra contando a súa historia da man de Luís Lamela.
Suso Bahamonde-Foto-Pablo Álvarez
Miro Villar-Foto: Pablo Álvarez
Ánxeles Pérez
Novas da memoria
- Corme recupera as historias dos seus represaliados.
- Identificados os restos dun veciño de Cee nunha exhumación en Navarra.
- Miro Villar: Unha nova achega sobre os presos da Costa da Morte no «Fuerte de Ezkaba» na posguerra.
- Ález Romero: A praciña da memoria.
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- 2017: Piden que o monolito franquista de Cee se adique aos fusilados e os mortos por silicose da fábrica.
- 2016: 80 anos sen 8 sindicalistas da fábrica de Brens.
- As historias dos fuxidos do Monte Pindo, nos vídeos do Simposium.
- A historia dos fuxidos no As de Sel.
- Elenita, a heroína antifranquista de Santa Comba.
- O mitin de Castelao en Lira en 1936.
- O Poliño, ou como fuxir da Guerra dende Malpica.
- Recuperando os campos de concentración franquistas de Muros.
- A veciñanza de Milleira e Gorreis, aínda herdeira da corrupción franquista.
- Reclaman a eliminacioón dos símbolos franquistas que quedan en Coristanco.
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- As Bondades da fala, con David Lourido: Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Monte Pindo: con vida dende a época romana.
- Luís Lamela homenaxea aos “escapados” do Monte Pindo.
- “A Mariñeira de Quilmas” enche os cines de Cee.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).