Cee salta á EsCeena nun agosto ateigado de cultura


Comezaba esta pasada fin de semana un mes de agosto completo en Cee co Memorial Manuel Rebollar que organizaron a Asociación de Amigos da banda de Música de Cee na Alameda. E con gran acollida, coma sempre.
Unha cita que serviu de pistoletazo de saída para un mes completo artellado polo técnico Víctor Castiñeira, cun espazo especial para o teatro, que comeza cunha semana adicada aos grupos e asociacións culturais ceenses.
O martes 7 será o día Grupo de gaitas da S.D.C.R. Cultural Fumes do Cal de Ameixenda e Escola de Danza Breogan da S.D.C. Brens, que actuarán no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura ás 21.00 horas.
O Mércores 8, á mesma hora, os protagonistas serán o Grupo de gaitas e pandereteiras das AA.VV. de Toba, grupo de pandereteiras Ruidheira da AA.VV. As Caldeiras de Gures e grupo de gaitas e baile da A.R.C.E.Pedras Miúdas de Lires.
O xoves 9, tamén ás 21:00h na Casa da Cultura actuarán Coral do Centro Social, Asoc. Cultural Terra de Sena de Cee e Asoc. Cultural Petaforte de Pereiriña.
O venres 10, haberá un singular concerto escenificado a cargo de Camerata Lírica. e o sábado, un Concerto a cargo do Coro Gospel Vida de Vigo, tamén da man dos Amigos da Banda.
Teatro, libros e deportes
O programa cultural continúa coa actuación da Barafunda e os seus Bañistas despistados., e domingo 12, ás 20:00h na Praza da Constitución, no marco do programa Cultural no Camiño; e a posterior actuación do Grupo de Teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco presenta "Rebeldes" , versión da novela de Susan E. Hinton, ás 21.00 horas no Auditorio Baldomero Cores.
O luns 13 hai Exhibición de bailes de salón a cargo dos alumnos do Club Arte e Movemento (ás 19:30h na Praza da Constitución. E o martes 14, ás 12:30h no Museo da Fundación Fernando Blanco, Presentación da nova novela de José Manuel Otero Lastres.
Á EsCEEna!

Pero o punto forte deste mes de agosto será a IV Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee ”Á EsCEEna!”, que encherá cada día, entre o sábado 18 e o venres 24, o Auditorio Baldomero Cores, coas mellores obras galegas do momento representadas ás 21.30 horas. A taquilla estará aberta 45 minutos antes de cada función e hai prezos variados de entre 3 e 7 €.
- Venres 18. SENIOR de Culturactiva. Versión e dirección: Avelino González. Con: Marcos Orsi e Luis Iglesia. - Sábado 19. A CABEZA DO DRAGÓN de Producións Teatrais Excéntricas. Versión e dirección: Quico Cadaval. Con: María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto, Patricia Vázquez e Quico Cadaval. - Luns 20.CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA, de Mofa&Befa. Textos: Carlos Santiago e Pepe Sendón. Dirección: Carlos Santiago. Con: Víctor Mosqueira e Josito Porto. - Martes 21. A CANCIÓN DO ELEFANTE, de Redrum Teatro. Dirección: Alex Sampayo. Con: Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez. - Mércores 22. FILLOS DO SOL, de Contraproducións. Texto e dirección: Cándido Pazó. Con César Cambeiro, Adrián Rios e Alba Bermúdez. - Xoves 23. UBU REI, de Talía Teatro. Texto: Alfred Jarry. Dirección: Roberto Salgueiro. Con oito actores en escena: Toño Casais, David Creus, María Ordóñez, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo. Obra para maiores de 14 anos. - Venres 24. LOS DOS GEMELOS VENECIANOS, de MDM Producciones (Madrid). Texto. Carlo Goldoni. Adaptación e dirección: MDM. Con: Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier García.Cultura no Camiño
Para rematar o mes de agosto, do 26 ó 29 de agosto, citas de Animación de rúa na Praza da Constitución.
