Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Cee tamén quere un Nadal con música, maxia e malabares

Cee tamén quere un Nadal con música, maxia e malabares
Nadal-Cee-2012

Chega o programa de Nadal do Concello de Cee pensando nos máis pequenos. Un programa que xa comeza o venres 21 de decembro ás 11:30h cun obradoiro de hip-hop e monicreques no IES de Cee a través da Mancomunidade de Fisterra.

Pero hai moitas máis cousas para os peques:

Programa de Nadal 2012 en Cee

  • Venres 21. Salón de Actos do Concello. 19.30h. Festival de nadal da Escola de Música de Cee. Concerto de acordeón a cargo de As Dúas. Entrada libre (esto está en duda).
    - Baile do Centro Social, a partires das 18.15h.
  • Mércores 26. Salón de Actos do Concello. 18.00h. Novo circo. Peter Punk e o neno imperdible. Entradas a 1.5 e 3 €.
  • Xoves 27. Salón de Actos do Concello. 18.00h. Maxia. Martín Camiña: “Momentos de asombro”. Entradas a 1.5 e 3 €.
  • Venres 28. Salón de Actos do Concello. 18.00h. Contacontos.Ni Fú Ni Fá Animación: Contos da Vía Láctea. Entradas a 1.5 e 3 €.
  • Sábado 29. Salón de Actos do Concello. 18.00 h. Teatro. Danthea Teatro: Polichinela Titor de Pierrot. Entradas a 1.5 e 3 €.
  • Obradoiros de Nadal na Praza 8 de marzo para os cativ@s da casa: Malabares, talleres de xogo con material reciclado, entretemento… Datas: 2, 3 e 4 de xaneiro: de 16.00 a 18.00 horas.
  • Sábado 5 de xaneiro. 17:00h: Cabalgata de Reis. Este ano as SS.MM. percorreran a vila en calesa, acompañados dunha comitiva con cabaleiros, músicos e paxes. A recepción a todolos nenos e nenas do Concello terá lugar no Salón de Actos do Concello a partir das 18.00 horas.
    Pola mañá, visita da comitiva real ás diferentes parroquias:
    - 10:00h: Ameixenda; 10.15h: antiga escola de Gures; 10.40h. Casa de cultura de Ameixenda; Brens: 11.10h.: casa de Cultura de Brens. Pereiriña: 11.40h.: cada de Cultura de Pereiriña; Lires: 12.10h: antiga escola; Estorde: 12.45h.: praza de dona Xulia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Cee.

Comentarios